Zeembo!

Zeembo... Mola!!!

Entra!!!! ou Rexístrate

Que é Zeembo!?

Zeembo! é un espazo comunicativo coa única intención de achegar a todo o mundo unha maneira de compartir imaxes e vídeos sinxela.

Con esta idea, Zeembo! permite ademais unha participación directa para tódolos usuarios que así o desexen.

Esta participación inclúe o envío de imaxes, vídeos, comentarios, etc... dentro dun espazo comunitario, e sempre buscando a aportación de novas ideas e a libre expresión basada no respeto, que permitan ó visitante gozar coa súa experiencia neste portal.

Rexistro dos usuarios

Para disfrutar plenamente de tódolos servizos de Zeembo! é preciso rexistrarse.

Información útil

Pódese dar o caso de que o funcionamento dalgunha das seccións ou apartados de Zeembo! che sexa confuso ou que non sexas capaz de facer aquelo que desexabas, para todas esas dúbidas está este apartado.

- Non podo acceder como usuario: Iso pode ser debido a que o usuario co cal te rexistraches aínda non estea validado. Debes comprobar o teu correo para validar o teu usuario unha vez te rexistres. Tamén pode ser debido a que por algún motivo a túa conta de usuario fose bloqueada ou desactivada. Se continuan os problemas despois de revisar todo iso, podes poñerte en contacto co administrador.

- Algunha das imaxes ou vídeos que enviei foron retirados: Pode ser que algún usuario se sentise molesto co teu envío e solicitase a súa retirada.

Autores

Podes atoparnos en Simplifica.

Tal e como obriga o Art.10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, da LSSICE, os datos de contacto son os seguintes: SIMPLIFICA SL, CIF: B15866163, con domicilio fiscal en Ordes (A Coruña), email de contacto info[arroba]zeembo.com.

Zeembo! é un lugar de participación e aportación de ideas e contidos. Nalgún momento, pode darse o caso de que algunha das afirmacións que se expoñan deste portal supoñan a vulneración da lexislación vixente, para o cal Zeembo! comprométese a facilitar ferramentas que permitan aos usuarios avisar de este tipo de sucesos ao administrador.

Aínda así, Zeembo! non se fai responsable de ningunha das mensaxes, imaxes ou vídeos que poidan saír publicadas en calquera das seccións que compoñen o portal, pero fará o posible por revisar e retirar, se fose preciso, aqueles contidos que entren no punto anterior, tal como se indica no Art.15 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, da LSSICE.

Do mesmo xeito, se o administrador considera que os contidos non supoñen ningunha infracción, poderán permanecerán publicados ata que un xuíz ou unha autoridade competente solicite a súa desactivación.

Zeembo! comprométese a non publicar, expoñer nin comercializar con ningún dos datos dos usuarios rexistrados e só serán remitidos a aquelas autoridades competentes que así o soliciten mediante a via legal.

Tódolos contidos publicados nesta web están baixo a licenza Creative Commons que permite a súa publicación ou edición en calquera outro medio coa única condición de citar a fonte orixinal.

Se consideras que algún dos contidos/imaxes/multimedia publicados no portal están baixo algun tipo de licenza máis restrictiva, por favor ponte en contacto co administrador para solventar o problema.

Sobre os datos dos usuarios

En conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da LOPD o administrador de Zeembo! informan da existencia dun arquivo da súa titularidade no cal se incluirán os datos necesarios para manter informados aos usuarios que así o requiran ou proporcionar os servizos que os usuarios soliciten.

O titular poderá exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD sobre este arquivo e, en particular, os de acceso, rectificación ou cancelación e oposición, si resultara pertinente, así como o de revocación do consentimento para a cesión dos seus datos nos termos previstos na LOPD. Os usuarios poden realizar estas accións editando os seus propios datos no portal de Zeembo! ou enviando unha solicitude a info[arroba]zeembo.com, para cambiar aqueles datos que poidan estar bloqueados no seu perfil.

Os comentarios, imaxes, vídeos e votos enviados voluntariamente polos usuarios non son datos persoais de carácter privado, senón públicos. Quedan relacionados co votos e comentarios doutros usuarios. O administrador de Zeembo! poderá conservar estes datos co obxectivo de manter a coherencia da información publicada e os envíos de tódolos usuarios.

Privacidade

Os arquivos de Zeembo! non conteñen datos de caracter privado nin requiren información para identificar a persoas físicas.

As empresas que publican os seus anuncios en Zeembo!, ou as que levan as estadísticas de acceso, poderían usar cookies con fins estadísticos. Os usuarios poden eliminalas ou impedir o envío de cookies dende as opcións do seu navegador.

Exclusión de garantía e responsabilidade

O administrador de Zeembo! non garantiza a licitude, fiabilidade, exactitude, exhaustividade, actualidade e utilidade dos contidos publicados.

O establecemento dun hiperenlace ou ligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre os xestores de Zeembo! e o propietario da web coa que se estableza, nin a aceptación e aprobación dos seus contidos ou servizos.

O administrador de Zeembo! está excluido de toda responsabilidade nos sitios enlazados dende esta web e non pode controlar nin controla que entre eles aparezan sitios de Internet cuios contidos poidan resultar ilícitos, ilegais, contrarios á moral ou ás boas costumes ou inapropiados. O usuario, por tanto, debe extremar a prudencia na valoración e utilización da información, contidos e servizos existentes nos sitios enlazados.

O administrador de Zeembo! está excluido de toda responsabilidade polos contidos publicados polos usuarios, terceiros e das mesmas serán responsables os usuarios ou terceiros de quenes procedan.

Condicións de uso

O usuario absterase de escribir ou publicar contidos difamatorios, racistas, obscenos, pornográficos, ofensivos, de violencia explícita ou incitación a violencia, que afecten a privacidade e/ou dereitos da infancia.

O usuarios absterase de utilizar calquera dos servizos ofrecidos en Zeembo! con fins ou efectos ilícitos, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos, equipos informáticos, arquivos e calquera contido almacenado en Zeembo! ou servidores externos enlazados dende Zeembo!

O usuario absterase de acosar, ameazar e obter ou divulgar información privada doutros usuarios de Zeembo! ou calquera persoa e empresa física.

O usuario absterase de usar Zeembo! co obxectivo de a) a promoción exclusiva de un sitio web, empresas, redes de blogs ou de afiliación de enlaces (spam); b) as campañas comerciais (aínda que o lugar promocionado non conteña publicidade directa), políticas ou ideolóxicas.

O usuario absterase de crear múltiples contas co fin de participar en Zeembo! simulando a identidade doutras persoas ou intentar alterar artificialmente os contadores de votos e participación.

O usuario respetará ademais as normas propostas e melloradas polos propios usuarios.

O incumplimento das condicións de uso podería significar o bloqueo da conta de usuario, o borrado e/ou edición do texto ofensivo, e as medidas e denuncias adecuadas según as leis españolas e europeas.

Co obxectivo de mellorar o servizo, Zeembo! resérvase o dereito a modificar e actualizar as condicións de uso sen previo aviso.

Simplifica SL » Zeembo! 2008 | Aviso legal | Contacto | Galego | Castellano