April 15th, 2009
Zeembo! volve a saír de novo na prensa.
As novas nas que falan de nós son:
La fototeca virtual gallega
Zeembo sitúa en el mapa las fotos y vídeos
Estamos encantados por seguir mantendo a atención dos medios neste proxecto.
Algún día teremos estas novas
Enviado en Novidades
Tags: Novidades, Prensa Sen comentarios »
November 28th, 2008
Acabamos de engadir a posibilidade de subir vídeos de LiveLeak e Dailymotion
Disfrutádeo!
Enviado en Novidades
Tags: Novidades, vídeos Sen comentarios »
November 20th, 2008
Dende agora xa permite subir vídeos aloxados en Zapp Internet!
Aproveita tódalas posibilidades de Zeembo!
Enviado en Novidades
Tags: Novidades, Zapp Internet Sen comentarios »
November 17th, 2008
A partir deste momento xa se poden importar as túas fotos de Panoramio. Só tes que editar o teu perfil e cubrir o campo no que che pide o teu ID de usuario. Recorda que ese ID debe ser númerico, fíxate na barra de direccións do navegador en donde aparecerá algo como http://www.panoramio.com/user/3130 en donde o ID sería 3130.
Se tes algunha dúbida ponte en contacto connosco ou deixanos un comentario 
Enviado en Novidades
Tags: Novidades, panoramio Sen comentarios »
August 29th, 2008
Durante as probas para recuperación de fotos do Fotolog pode ser que en algún momento ocorrera un desabaraxuste coas fotos que tíñades subidas, este desbaraxuste puido ser a desaparición de algunha foto ou algo semellante, en calquera caso pedimos disculpas e agora xa está amañado e funcionando correctamente.
Igual coa sección de contacto que non estaba configurada correctamente e non chegaban os vosos correos, todo amañado.
Un saúdo,
Zeembo!
Enviado en Axuda
Tags: contacto, fotolog Sen comentarios »
August 28th, 2008
Acabamos de engadir un novo servizo a Zeembo!, dende agora podedes incluir as vosas fotos enviadas a Fotolog (sempre e cando sexades usuarios dese servizo).
Como Zeembo! está pensado para ser o sustituto galego de Fotolog, ademais de incluír moitos máis servizos, poderás subir as túas fotos só a un sitio, ou aos dous, pero sen envialas por duplicado, e Zeembo! xa se encargará de recollelas para a o teu perfil de aquí.
Para iso, a edición do teu perfil de usuario conta cunha nova opción chamada Fotolog en donde só terás que meter o teu usuario dese portal e listo, sen contrasinais nin datos privados.
Tódalas noites Zeembo! executará un proceso para a recuperación desas imaxes.
Próbao! seguro que non te arrepintes (e despois cóntanos que tal che foi :))
Enviado en Novidades
Tags: Novidades Sen comentarios »
August 22nd, 2008
Estos días de agosto Zeembo! está de moda e así o ven os medios de comunicación, publicando sendas notas de prensa coas novidades da web e a súa funcionalidade.
Podedes ver (polo momento) as seguintes noticias:
Ademais hoxe realizáronnos unha entrevista telefónica dende a Cope.
Esperemos que isto continue vento en popa!
Enviado en Novidades
Tags: entrevistas, medios, Novidades 1 comentario »
June 18th, 2008
Como xa vistes (e o mellor sufristes) no twitter puxemos un aviso para aqueles que non podíades acceder co voso usuario.
O problema era a actualización do control de usuarios para permitir tempos de conexión máis extensos e que non teñades que loguearvos cada 2-3 días.
Se non podedes acceder correctamente as vosas contas de usuario, borrade as cookies no voso navegador web.
Como facer iso? pois podedes usar esta axuda: http://pages.ebay.es/help/newtoebay/help-with-cookies.html ou buscar por vos mesmos en google (borrar cookies dominio).
Se persisten os problemas podedes escribirnos dende a sección de contacto e intentarebos botarvos unha man.
Enviado en Axuda
Tags: login, Problemas 2 comentarios »
June 12th, 2008
Dende agora, os usuarios rexistrados de Zeembo! dispoñen dun chat para poder falar cos seus amigos.
Cada usuario ten o seu propio chat e o requirimento para poder falar no chat doutro usuario e estar dentro do seu grupo de amigos.
Para que outros usuarios poidan falar contigo, só tes que engadilos aos teus amigos. Iso pódelo facer clicando na estrela que aparece o lado do seu nome no perfil.
Espero que disfrutedes tanto coma nós desta nova posibilidade!
Enviado en Novidades
Tags: chat, usuarios Sen comentarios »
June 4th, 2008
A partir de agora poderedes ver no apartado de cada usuario unha nova opción de menú chamada Calendario e sirve para poder visualizar os seus envíos agrupados por días nun calendario mensual.
Cada día inclúe unha foto ou vídeo xunto con número na esquina inferior dereita que determina a cantidade de envíos de ese día. Se clicades nese número irán rotando as fotos que se enviaron e despois clicando na foto ou vídeo xa vos vai directamente a ela.
Espero que vos sexa de utilidade a hora de buscar algunha en concreto e non sabedes moi ben cando foi.
Enviado en Novidades
Tags: calendario, usuarios Sen comentarios »